Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Condóns

quinta-feira, janeiro 20, 2005

Condóns

Xa me extrañaba a min a cousa... Non negarei que cando vin na TV ó portavoz da Conferencia Episcopal admitindo o uso do condón quedei ca boca aberta. Só tardaron unhas horas en desacreditalo e voltar a condenar o seu uso.
Hai que recordar que para o Papa Juan Pablo II o sida é unha «patoloxía do espíritu», e a única maneira de evitala, «a virtude da castidade».
Así, a Conferencia Episcopal sostén que as relacións sexuais con condón "son inmorais".
O verdadeiramente inmoral é o número de novas infeccións por VIH que se están a producir neste intre...