Noite de Oscars
Hoxe é a noite dos Oscars e se os da Academia puideran ver ós elementos que temos aquí ingresados daríanlles de seguro os premios a mellores actores. Menuda panda!!
A ver como lle vai a Mar Adentro e agardo que tamén teña sorte Drexler. Canción bonita a de Diarios de Motocicleta, coma bonita é a película en sí. (Reflexo desa viaxe pendente... Cabra, que sorte que tiveches ti! ). Aínda que na voz de Banderas non sei como vai quedar a cousa...
O EPS desta semá ven cargadiño de cousas. No metro deume a risa floxa lendo o artículo de Elvira Lindo e o taxista Sij (a xente miraba coma se estivese tola jajaja), mini-entrevista a Ismael, conversa con Amaral e Clint "Sin Perdón" Eastwood (cando farei tempo para ver Million Dolar Baby??), conversa sobre mulleres e poder,... O almorzo co croissant de chocolante e a prensa foi especialmente productivo (e iso despois de levar 12 horas de traballo...).
Mañá penso que pirarei a clase de portugués, despois de tres noites de hospital e outras dous que quedan non me vexo moi preparada para empalmar ca clase.
En fin, dura semá a que se avecina, e outro finde a vista que tocará traballar. Qué vida ésta!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home