Sant Medir
Hoxe pasei a mañá en Grácia, ca Cruz na festa do Sant Medir. Básicamente, tratábase dunha reunión de amigos a cabalo que de camiño a onde facían a cuchipandi ían repartindo caramelos ós nenos e ós non tan nenos (hai que ver que axilidade teñen os vellos para cousas como axeonllarse e recoller caramelos debaixo dos camións...). Non son ninguén desmontando tradicións...
De tarde a facer as compras. Hai que ver o rápido que se esgotan as provisións... Deixei o Hipercor sen víveres, e a tarxeta sen fondos...
A noite preséntase sen planes. Ía achegarme ó cine, pero agora a verdade é que non me apetece nada. Pero quedar na casa vendo Gran Hermano Vip non é un plan alternativo moi apetecible, non?
Onte quedei con V., S. e J. (visita dende Zaragoza) e fomos ata a Ovella Negra a tomar algo. Logo un nesquik vendo a Buenafuente.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home