Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Venres

sexta-feira, março 04, 2005

Venres

Hoxe sonou o espertador ás nove e decateime que estaba a soñar que participaba nun programa da televisión que transmitían dende un colexio cheo de nenos e que presentaba Jesús Vázquez. Despois de tan traumática experiencia quedei durmida de novo ata que sonou o móvil ahí preto das dez e media. Era a Mari para traballar nun cole... Simple coincidencia??
Así que nada, ás doce marchei para o cole que está preto do gran pene de Barcelona (non, agora non falo do membro do Nacho Vidal...). Non sei moi ben por qué, pero me gusta moito ese paseo dende Glories ata a zona do Fórum.
No cole máis ou menos o de sempre. Hai que ver a enerxía que teñen os rapaces e rapazas!
De volta a casa caín na tentación de sempre. Para facer máis curto o camiño atravesei o centro comercial e claro, acortar acorto, pero tamén saio sempre con algo novo. Hoxe caeu unha camiseta do Bershka. Non teño remedio...
A. chamou á tardiña para falar do tema do taller de saúde con maiores que está pendente de facer en Grácia. Aínda non o teño moi claro...
Agora, á tarde, en contas de estudiar inglés para a exame do luns pois nadiña, aquí estou de novo no cíber. Vou flipar no oral. Vánse enterar estes de Cambridge do que é falar inglés...
V. acaba de mandar un sms para ir logo ata o Ateneu de Nou Barris a ver non sei que espectáculo de títeres. Aínda non lle contestei, vaise cabrear...