Aeroportos
Sempre gostei dos aeroportos. Aínda recordo hai moitos anos cando meus pais levábanme a Alvedro a ver os avións, ou aqueles picnics cos tíos no campo de subida ó aeroporto. Eran tempos nos que había que planificar a excursión, pois só saían un par de vós en todo o día.
A primeira viaxe fíxena a Madrid, con doce anos ou así. Era unha excursión de fin de semá da Caixa. E dende aquela, cantos voos e cantos aeroportos!! O caos de Barajas, os colores do de Río, a enormidade de Heatrow, as langostas do José Martí da Habana,...
De todos, quédome co do Prat. Será que xa lle teño collido o gustiño, pero seméllame o máis sinxelo e práctico.
Onte estaba bastante vacío, nada que ver ca última vez, cando Semá Santa. Cheguei co tren, facturei no auto-checking, pasei o control e cara a terminal M1. Porta 18b. Coma sempre. Tocará outra vez colle-lo bus... Chega a hora de embarcar e nada, cambian o destiño na pantalla e claro, como non, sairá retrasado!! Xa era raro home!
Aproveito para botar unha ollada ó rredor. Un grupo estranxeiro chega a todo correr trala última chamada para Palma de Maiorca, os habituais executivos cas maletiñas de pel (quen sería o primeiro en aproveita-lo bolsillo do peito para fica-la tarxeta de embarque? é algo que teñen en conta os diseñadores?), os nenos aburridos que xogan e pasan das nais,... Menos mal que teño a Bebé e a súa música me fai compaña...
Unha hora máis tarde saimos, bueno en nada en Alvedro. Quen sabe se haberá alguén de picnic ou algún pai amosándolle os avións a súa filla...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home