Momentos
Ás veces dáme por pensar que fago aquí, a tantos quilómetros da terra, lonxe dos meus... Eses días unha atopa consolo ollando pola fiestra da webcam da Voz e escoitando Luar na Lubre no Cd de casa (aínda que C., embuída desa característica sabiduría vallisoletana, a considere unha música triste e chea de pena...).
Pero tamén hai días coma onte e hoxe. Días nos que non podo imaxinarme noutro lugar. Hai momentos especiais que, de súpeto, abofetean na cara e fan despertar a ilusión de vivires aquí.
Onte, cando ía cara á clase de português na Escola de Idiomas, foi un deses instantes. Baixei da liña 1 en Catalunya para facer o trasbordo para a L3 e, no pasillo invadido da colorista publicidade de Movistar, de súpeto decateime que ía coma flotando, sorrindo, entre unha multitude de xente diversa. No Mp3 Pastora cantaba "... la que siempre va sola por Barcelona, buscando follón...". Sí, así estaba eu: sola, buscando follón... Jajaja. Cheguei a L3 e no vagón un rapaz moreno leía "El coronel no tiene quien le escriba" de García Márquez. Mirámonos. Sorrimos. Lástima que miña parada fose a seguinte e chegaba tarde á clase... O follón quedaría para outro día...
E que dicir da luz que hoxe enche a casa toda? Levo dende as dúas na terraza. Fai un día precioso. O Tibidabo recórtase ó lonxe en Collserola. Os veciños comezan a facer vida ó aire libre. Ch. tendendo a roupa na casa de diante. O seu pai recolléndoa. O vello fumador (o das duchas espido no verán) xa se deixou ver. A nai do rapaz que fuma porros as escuras... Chega o bo tempo e voltamos a saír todos. Eu comín ó sol e agora estou dándolle o portátil, co conto do doutorado.
Sí, estes momentos compensan todo..
Terraza
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home