Giratutto
Qué cousas! Co fácil que era escribir aquí o que ía facendo por estas terras e o que me costa dende fai uns días... Tería que contar moitas, moitas cousas que os que me coñecedes ben sabedes que non son fáciles para min. Nunca fun boa falando de sentimentos... Bueno, non é que non sexa boa ou deixe de selo, é que é un tema que non gosto de tocar. Pero para quen se interesou hoxe: que todo vai ben, ou moi ben... xa falamos nuns días.
Sí, nuns días. Que o 15 volto á Coruña para a reunión das tres fantásticas despois de 2 anos. Qué ganiñas teño de veros rapazas e falar, cotillear, rir, argallar, cantar, face-lo bobo,... e todo eso que faciamos naqueles tempos da universidade. Ás veces boto aqueles días tanto en falta...
En fin, que as cousas cambian. Como ten que ser. Aínda que ás veces te collan os cambios desprevenida. E aínda que ás veces tódolos teus esquemas salten polo aire e, sen embargo, estés tan a gusto que semelle que non cambiou nada. E aínda que aparentemente non cambie nada, todo xire a velocidade vertixinosa no teu interior. E aínda que nunca pensei que chegaría a estar así, pois mira, que carais, que non está tan mal a cousa...
E se non, sempre quedará a opción de facer un novo blog ás agochadas...
Giratutto. Macaco
"Gira, que gira gira gira la vida,
gira gira gira y aveces se tuerce.
Gira, que gira gira gira la vida,
gira gira gira y aveces se tuerce.
Me dijo la tendera ayer:
"Sonrie, limpia las penas,
que lo que hay entre los pasos que tu planeas,
hay una vida entera.
Que algunos lloran por vivir,
y otros por una mañana mas despierta.
Que algunos rezan pensando en su cuenta
corriente,
y otros que una corriente no vuelque su patera.
Rememos por el camino que hay que recorrer
por el lastre que nos vuelca"... "
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home