Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: French connection

sábado, junho 11, 2005

French connection

Onte á tarde P. chamou ó saír de traballar a ver que faciamos V. e eu. Acabamos tomando algo nunha terraciña do Paseig Gaudí, alí ó carón da Sagrada Familia. Logo xuntáronse I., B. e J. e leveinos ata o Hospital de Sant Pau que ningún coñecía. Rollito relaxado e tranqui.
Logo, ás 21.30 h fomos ve-la Font Màgica de Montjuic. Xa a teño visto en funcionamento unhas cantas veces pero sempre me impresiona. É un deses lugares cun encanto especial, o típico sitio para ir con alguén de rollo romanticón. Un máis na miña lista de lugares a redescubrir cando apareza o príncipe azul ese...
Alí apareceron I. e J.M. Ó rematar, o grupo dividiuse e eu quedei con I., B., J. e quedamos con J. na Plaça Catalunya para ir ó apartahotel.
Logo quedei con M. na FNAC que quedara a súa vez cun rapaz francés que non coñecía e non quería ir sola. Alá fun eu de escopeta. Fomos cear polo Raval ó Bar Fidel, que bocatas máis bos!! Logo unha voltiña e M. que marcha para casa. Eu tentando quedar con I. e estos, e o teléfono fora de cobertura. A., o francés, que me di de tomar algo. Fomos a terraza do Mirinda e alí estivemos a falar de viaxes e das nosas vidas. Despois de dar por morto ó teléfono de I. decidín marchar para á casa. A. acompañoume ata Universitat a colle-lo metro e cando cheguei a casa J. mandou unha mensaxe que estaban no Razzmatazz que me achegara ata alí. Sí, sí... era o que estaba pensando...
Qué noite máis rara!!