Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Bonecas

sábado, março 05, 2005

Bonecas

Ó final onte subín ata o Ateneu a ver a historia dos títeres. Estivo xenial! A compañía chámase Teatre Dejavú e a obra Pin Ups, e a obra ven sendo un cabaret interpretado por bonecas (Barbies, Nancys...). O espacio da Devorahombres foi moi bó. Pagou a pena, aínda que chegaramos a casa feitas polvo.
Hoxe toda a mañá sobando ata a unha que me levantei o estivemos a ve-la TV mentres comiamos. Impactantes as imaxes dos preseleccionados para a Eurovision deste ano. As mellores as Supremas de Móstoles (Eres un enfermo, eres un enfermo...). Dignas sucesoras das Chanclettes...
Agora baixei ata un ciber novo, destes locutorios pakistanies que invaden Barcelona. Aquí dentro vai un frio incrible. Para un día que non o fai na rúa, vou e metome nun conxelador...
Sen plans para a noite. Sempre esperando ata última hora...