Un día productivo
Onte tiven a primeira clase de reforzo do programa de Cruz Vermella con J., un neno peruano de 11 anos. O neno moi motivado, ten moitas posibilidades, teremos que incidir en ortografía e inglés. Harry Potter botoume unha boa man.
Ó sairen da clase achegueime a Can Fabra a devolver uns libros que collera para o do traballo do SIDA. Quedeime lendo os "Cuadernos de Pedagogía" de este mes. Últimamente teño de novo unha especial inclinación polo tema educativo. O interés que semellaba adurmido hai uns meses volta a facerse ver. Os tres libros que teño agora na mesiña:
- "Pedagogía del Oprimido" de Freire,
- "La (des)Educación" de Noam Chomsky,
- "Patas arriba. La escuela del mundo al revés" de Galeano.
Logo a noite baixei con V., S., M. e unhas amigas que viñeron de Lugo para unhas xornadas de comercio xusto que se fan no Convento de Sant Agustí. Quedamos na Báscula e a conversa foi fluíndo dun tema ó outro, ata terminaren falando de literatura. Coincidencias en Saramago, Kundera, García Márquez, Coetzee,..., discrepancias en torno a Isabel Allende e Marías, a asignatura pendente da poesía, o repaso os actuais da literatura galega... Moi animadiño. Tivo que avisarnos o camareiro de que ían a pechar o local...
3 Comments:
Good design!
[url=http://mhdwhfwi.com/sbpl/telk.html]My homepage[/url] | [url=http://kpqoxytk.com/ouel/jyrl.html]Cool site[/url]
Nice site!
http://mhdwhfwi.com/sbpl/telk.html | http://llidsdcn.com/mpgt/azjd.html
Nice site!
http://mhdwhfwi.com/sbpl/telk.html | http://llidsdcn.com/mpgt/azjd.html
Postar um comentário
<< Home