Reencontros
Pois nada, xa tou na cidade máis segura do planeta, a cidade tomada polos corpos e forzas de seguridade do Estado, a cidade onde o atronador son das prácticas da Patrulla Águila non deixa falar tranquilamente, a cidade onde a ocupación do espacio aéreo fai retrasa-los avións e crea-lo enlace Labacolla-Alvedro... DesarmaCoruña xa!!
O xoves, despois de deixa-la maleta en casa e facer unha visita fugaz ós avós, baixei a tomar un café con P. Quedamos no Vecchio e co capuccino na man falamos e falamos... Resumo de amores: adeus a J., hola a M. e sempre Pati. Da xente: T. foi vivir con A., N. traballa para J., B. estivo unha tempada á sombra,... Ó final non poderá sair este finde, cachis, aínda temos pendiente esa noite loca! Pendiente queda tamén planifica-la viaxe, cando teña os seus turnos haberá que sincronizar axendas.
Onte quedei cas rapazas da Cruz. P., T. e C. Quedamos no café italiano da Plz. de Pontevedra. Alí, tras unha copa de xelado xigante con chocolate quente no corpo tamén brotou a conversa. Cotilleos da Cruz, do social, da visión de xénero, das vindeiras eleccións... Ó pouco marchou C. e nós cambiamos de sitio. Fomos a unha cervexaría pola Torre Coruña. De camiño pasamos diante da Peneira onde unha chea de rapaces celebraban festa, e de súpeto viñeron a mín as imaxes de 9 anos atrás facendo alí a nosa graduación. 9 anos xa!!! Qué noite aquela! Teríamos as mesmas pintas que estes nenos??
Pois iso, despois da cervexaría achegámonos ás Vides, onde actuaba un grupo de jazz. Hoxe haberá bossa-jazz.
Logo voltei á casa camiñando con T. Pasamos polo medio do Orzán, era venres e non había moita xente. Era raro, despois de tanto tempo. Algúns cambios de locais pero os clásicos perduran... (e sí, o porteiro do Grietax, o "noso amigo", alí segue imperturbable).
2 Comments:
Qué cabeciña... Non foron 9 anos, non. Pasaron 8 daquela cea coa xente da faculdade. Coma se non pesaran os anos aínda por riba poñerlle máis...
Pues lo de hoy (27/05) ha sido increíble. Atasco monumental, por culpa del desfile han cerrado el Paseo Marítimo y la calle Panaderas se ha convertido lógicamente en la calle de paso para los que bajan de Atochas-Monte Alto hacia el Centro. Bueno pues no se les ha ocurrido otra cosa que hacer, que cavar una zanja en una carril de dicha calle -_-U . Resultado: Adormideras, calle de la Torre, Plaza de España, Panaderas, Orzán, San Andrés, Plaza de Pontevedra y otras calles cercanas colapsadas.
Saludos.
Postar um comentário
<< Home