Bossa
Temo-la casa toda patas arriba. Xa se instalou N. e trouxo con ela unha pila enorme de cousas. De súpeto xuntámonos con 3 teles, 3 ordenatas e unha chea de bolsas e maletas amontoadas polo piso. Carretou consigo tamén kilos de enerxía positiva, de forza espiritual e de boas vibracións.
Así, ó chegar aplicou os seus coñecementos de Reiki con Jinga que está moi maliño. Leva dous días deitadiño no fondo da peceira, medio retorcido, semella que agonizando. Axé observa con cariña de pena ó seu compi e a min párteseme a alma ó velos.
Onte á tardiña quedei con F. e fomos tomar algo ó "Jardí" de Portaferrissa. Non sabía que pecharan a parte de enrriba do mercadillo do camello. Despois fomos ata Montjuic a facer un pouco de turismo: a Fira, Palau Sant Jordi, Estadi Olimpic, Piscines Picornell,... Quédome coa vista de Bcn dende o alto.
Logo achegámonos ata o Caixafórum onde quedaramos con R., P. e I. para ve-lo concerto de Avenida Brasil. Non estivo mal. Miña preferida: “Pagode para o sorriso dela”.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home