Chove en Bcn
O meu viciño fan de Bricomania ataca de novo e despois de tentar tódolos trucos coñecidos e por coñecer (almofada na cabeza, música no mp3,...) acabo levantándome. Veña Iria, que só queda hoxe!! Ti podes!! A esto de currar as findes enteiras creo que non me afarei nunca...
Agora chove, xa van uns días grises, bobos. A ver se esta semaniña mellora un pouco a cousa, aínda que pouquiño, que non volte a calor abofante de ahí atrás.
Coma non teño moitas ganas de escribir mails, ahí van uns recadiños:
- M.: hola terapeuta!! Non me esquecín de contestarche eh? A ver se mañá mándoche o manual de instrucciones para face-lo blog. Quero ver esas fotos!! E tes que mandarme as que fixemos por aquí en Bcn. Tudo bem? A ver se tomamos un café na Coru a próxima finde...
- Cabra: Jejeje. Lili Marlen!! Moi boa! Tería que contarte tantas cousas que nin 10 mails chegarían. Agardo que ahí en Bos Aires teñades terracita para falar e falar cando vaia... Por certo, aínda non me dixeches que días de outubro te veñen mellor. Qué teño que comezar a mirar os billetes!!
- T.: xa leerías que volto a próxima finde. Estarás na Coruña ou quedarás en Redondela? E conta, conta, que xa fai tempo que non sei de ti!!
- F.: bueno, a verdade que non teño ningún recado, pero coma sei que estarás a ler esto pois mira... Qué queres que che conte? Tamén tería moito que dicir pero xa me coñeces e sabes que non o farei... ;) Só unha cousa: graciñas!Logo falamos. Moitos bicos
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home