Reencontros
Cousa estrana, o avión saiu puntual do Prat aínda que chegar chegou un pouco tarde porque o piloto en contas de aterrar coma sempre levounos de excursión turística cara o centro da comarca, sobrevoando o Corte Inglés de Altamira e aterrando na outra dirección. Por certo, non sei se é unha ilusión óptica ou cada vez hai máis xeradores eólicos brancos nos nosos montes... Serán ecolóxicos, pero o impacto ambiental é grande de máis... (coma grande é para algúns o económico).
As nenas sairon tarde de Ourense e chegaron á Coruña de noite. Así que cambiei de planes. As dez e media quedei con M., P. e I. na Repichoca, logo virían A. e o mozo. De primeiras foi moi estrano atopalos aquí en Coruña, é coma se xa ubicara a súa presencia en Bcn. Pero logo xa todo voltou ó rego. Atopei a M. cunha, como o diría?, unha "luz" -ou algo así- especial na cara. De volta cas pandereiteiras, cun reto chulo no eido do traballo, recaída no terreo amoroso,... Non sei, atopeina ben. E ben que me alegro, claro que sí.
Agora de mañá baixei polo centro, felicitar miña avoa que estaba co avó nun banco do Paseo e logo dar unha voltiña cos pais. Os Cantóns, Méndez Núñez (por fin vin a estatua de Lennon! Sigo preferindo a da Habana...),... para acabar tomando algo na xamonería.
E recolle-lo libro de Harry, of course!! Metinno na maleta para evitar afundirme demasiado cedo en él. Polo menos ten que agardar ata o luns no avión...
V. marchou para Zaragoza, e agora estará camiño de Jaca para ir ata o Pirineos Sur. Jo! Que envexa!! (Hoxe actúa Lhasa...). E N. está a pasar a finde en Madrid. Así que no piso quedaron só R. e B. Que o disfruten!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home