Crónica dun día festivo
Onte por fin disfrutei dun día festivo libre, un día coma o resto da xente sen ter que ir traballar. Á noite anterior foi tranquila en Cirurxía, cheguei á casa, durmín dúas horas e ala, a aproveita-lo día!
F. pasou por casa a recollerme e marchamos cara a montaña de Montserrat, previa parada en St. Andreu de la Barca para coñece-la piscina.
Montserrat semella estar preto de Barcelona, pero aínda hai unha boa tiradiña, menos mal que é todo autovía. A subida á montaña é moi chula, curva dun lado, curva do outro, e unhas vistas cada vez máis impresionantes. Ademáis ata tivemos sorte co día, e fixo un estupendo que semellaba ser abril ou maio.
Unha vez arriba pódese decatar un da capacidade dos cataláns para sacar partido ás cousas. Menuda teñen aló montada. É coma un parque temático, pero feito con clase, con ese "seny" que lle aplican a todo.
Estaba todo arregladiño, o santuario, o mosteiro. Un funicular, un teleférico, un tren cremalleira. Tendas, cafeterías. Non faltaba detalle.
Aguantámo-la cola e achegámonos á Moreneta, a patrona de Catalunya, que en verdade é negra, negra. Incríble pensar que antes fora branca...
O mellor: as vistas. Ó lonxe aparecía Barcelona, a parte traseira da serra de Collserola, o Tibidabo. E cando se fixo de noite e só se vían as luces a verdade que impresionaba.
Xa á tardiña baixamos e voltamos a Bcn, en medio da operación retorno da ponte. Tomamos uns bocatas de bacon e queixo na Rambla de Fabra i Puig e achegámonos ós Lauren a ver "La Novia Cadáver" de Tim Burton.
A película gustoume moito. A técnica e as imáxenes impresionan. A historia é un pouco simple pero engancha, sobre todo porque a película é bastante corta (aínda que da tempo a engullir un paquete grande de palomitas, dou fé delo...). O final é moi poético e, coma o resto da peli, garda un certo parecido con "Eduardo Manostijeras" (unha das minhas pelis favoritas, dito sexa de paso).
3 Comments:
Leo habitualmente o teu blog con moito gusto. Hoxe tamén, cecais lembrando a miña visita a Montserrat hai máis de 30 anos.
Parabéns polo idioma e, se non te enfadas, direiche que aquí en Lugo ó "bacon" chamámoslle panceta.
Mellorar sempre é bo.
Sí, tes razón. Temos tan asimiladas palabras fóraneas que moitas veces deixamos de usar as nosas.
Pero bueno, sexa bacon ou sexa panceta a verdade é que os bocatas estaban ben bós (mágoa do pan catalán de plastilina, canto boto en falta o galego!).
Un saúdo.
Hola Iria non sei cómo cheguei aqui, ah sin, xa o lembro tentando trobar unha letra de C. Gardel e a verdade e que arribó a curiosidade e non pude evitar ler en galego,lengua que entusiasmame ainda que como lerás non sou muito "docto". A sei mais de escuitarlla. Enton xa ves que é unha mistura entre o galego e o português e castellano.
Gusto de como contas as cousas.
Comprehendo a tua moriña xa que coñosco a tua terra.
Non traballes tanto e aproveita mais.
Pode que outra vez pase por aquí.
Biquiños
P.D.:
Soy de Sevilla e ó mellor comprehendes mais ben por qué fazo mistura de lenguas, a verdade é a prima vez que escrebo (tento) en galego mais ha sidu un pracer. Aceito correccions.
Postar um comentário
<< Home