De volta
Hoxe cheguei á Coruña despois de dous días de voos e aeroportos varios. Atrás quedan Bos Aires e Uruguay. E con eles centos e centos de momentos para lembrar.
J.C. e J. portáronse de medo, e F. foi un luxo coma compañeiro de viaxe.
É difícil resumi-lo vivido. Bos Aires é unha cidade sí, pero formada por miles de cidades no seu interior. Chea de contrastes, chea de contradiccións. A idea que te formas nun momento, desfaise sen remedio no seguinte. As zonas máis modernas ó carón das máis deprimidas, as zonas máis fashion perto das máis tradicionais...
Palermo, Recoleta, Praza de Maio e Casa Rosada, San Telmo, a Boca, Avenida 9 de Xullo, o café Tortoni... Tantos nomes xa coñecidos ós que por fin lles puxen cara.
Momentos de emoción (as nais da Praza de Maio, o concerto de Xeito Novo, aquela tarde con J. frente a Casa Rosada...) e marabillas abondo para encher os quince días que aló botamos (e que encherían moitos máis).
 E ademáis a escapada a Uruguay! Saimos no ferry e chegamos a Colonia do Sacramento, unha cidade patrimonio da humanidade preciosísima. Un pobo cheo de referencias á época colonial portuguesa e española, un remanso de paz a tres horas do caos de Bos Aires.
 E ademáis a escapada a Uruguay! Saimos no ferry e chegamos a Colonia do Sacramento, unha cidade patrimonio da humanidade preciosísima. Un pobo cheo de referencias á época colonial portuguesa e española, un remanso de paz a tres horas do caos de Bos Aires. 
 E tras pasar o día neste paraíso marchamos cara Montevideo, outra imaxe clara de cidade que viviu tempos mellores. Alí quedamos con M. que nos levou cara á costa do Río da Plata. Tralo percorrido turístico rematamos paseando polo interior do Congreso e o Senado coma Pedro pola súa casa.
 En resumo, unha quincena de non parar de ver cousas (nin de comer, os tres quiliños de máis o atestiguan...). E o desexo de voltar cedo por aquelas terras (e por coñecer outras novas tamén...).
En resumo, unha quincena de non parar de ver cousas (nin de comer, os tres quiliños de máis o atestiguan...). E o desexo de voltar cedo por aquelas terras (e por coñecer outras novas tamén...).E ademáis unha viaxe interior igual de interesante e atractiva. Quen puidera estar a vida toda viaxando!!



2 Comments:
Que envidia!!!, jooo yo quiero ir!!! bueno, algún día...
pasalo bien en coruña, a que hora llegas??. a ver si nos vemos el lunes, que tengo unas ganas de contarte....
besitos y gracias por el regalo....
Llego el lunes sobre las cuatro de la tarde.
Yo tb tengo ganas de contarte y d q me cuentes.
Besazos!!
Postar um comentário
<< Home