Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Así limpaba, así, así...

sexta-feira, outubro 21, 2005

Así limpaba, así, así...

En contas de sair e aproveitar o estrano día de sol que está a facer en Barcelona quedeime facendo a limpeza do piso. Teño a tarde maruja, pois. Sona o CD de Miranda como fondo (grupo petardo arxentino, un dos descubrementos fruto da viaxe a Bos Aires) e estou dándolle duro ó asunto.
Esta finde tocará traballar así que me perderei o concerto de Chambao e a excursión a Montserrat que están preparando as nenas. Para a semán teño que quedar con J. e T., que xa me mandaron un par de sms ameazadores.
Bueno, deixarei de perde-lo tempo con esto do blog e seguiré co trapo e a fregona.