Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: 6 anos

quinta-feira, novembro 23, 2006

6 anos

Cando espertei esta mañá o primeiro que se me veu á cabeza é que estes días facían 6 anos. 6 anos xa! Dándolle voltas ó asunto semella que foi a semente da que posteriormente agromou todo o que chegou despois.
6 anos nos que pasaron moitas, moitas cousas; cousas que probablemente non terían sido de non ter vivido aquela especie de "gran hermano" sen cámaras.
É curioso ver como dende aquela unhas cousas foron enlazándose con outras, e esas con outras, coma nunha especie de encaixe de Camariñas.
Ben orgullosiña que tou cada vez que miro o aspecto do tecido, mágoa dalgúns puntos que quedaron no camiño...