Facendo quilómetros
Dende que cheguei de volta a Galicia non paramos de facer quilómetros. A Costa da Morte, as Rías Baixas, Manzaneda, Allariz (qué gusto o cafeciño na "Fábrica de Vilanova"!), o norte de Portugal,... Non hai terra máis bonita ca nosa!
Esta finde achegámonos ata Asturias onde fixemos parada en Cudillero, Xixón, desvalixámo-lo IKEA de Oviedo e rematamos ascendendo ata o Porto de San Isidro (moi boas as indicacións da guía de campings de Asturias sí sí...) e voltando a casa dando un "pequeno rodeo" por León.
E onte á tardiña achegámonos ata Verdes. Un refuxio de tranquilidade e verdor. Mágoa os muíños que están a piques de caer. Terán que caerse para que se decidan a facer algo?
Estando alí fun lembrando anécdotas das acampadas de D. Zoilo co cole. Qué ben o teño pasado aqueles anos!! Aqueles días de risas e xogos nas tendas, lonxe da cidade e das clases. Tiñan que ser obrigatorias actividades así para tódolos nenos...
E de volta paramos facer un cafeciño no "Pazo do Souto". Menuda preciosidade de lareira... Eso si é un lugar onde descansar tranquilo e non os hoteis fashion que brotan en cada esquina.
3 Comments:
Non tes paraxe, raparija, pero aínda che queda unha vila por visitar... ;)
Moitas veces teño pensado eu como se chegaría ó sitio que facía D. Zoilo as acampadas, teño unhas ganas incomprensibles de volver visitar aquilo.
Sabes que a min pásame o mesmo? Estiven mirando todo o camiño a ver se se me facía algo coñecido...
Se algún día apetécelle facer unha procura exhaustiva do lugar me chama ok?
E tranquilo que nalgunha destas caerá esa vila, of course.
ey nenaaa!!!! non paras ehhh!!!!que guayy verdes!!! a min traeme moitos recordos ese lugar....
eu fun con edu a costa brava, e chegamos hata francia...e fomos a unhas calas preciosas....
pois preparate que cando chegue eu imos facer unha chea de cousas!!!!!!!1
besitossssssss guapaaa
Postar um comentário
<< Home