Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: E dura...

quinta-feira, setembro 07, 2006

E dura...

Aproveitando que o luns tiña día libre e non volvía traballar ata o martes de noite improvisamos outra das nosas. E seguimos pola Costa da Morte, nesta ocasión por terras de Muxía.
De camiño paramos nas Torres do Allo (bonita exposición sobre a vida nos Pazos) e nos Batans do Mosquetin (onde unha nutria campaba as súas anchas).
Acampamos no camping Lago Mar e pasámola tarde na Praia do Lago. Menudo día de calor que fixo!

Ó cae-la tardiña achegámonos ata Touriñán. Vendo aquela paisaxe extraordinaria unha non pode dar crédito as tolas ideas do iluminado de turno. Que llo contaran o alemán que viñera na bici e merendaba alucinado na rocha a ver que lle semellaba a idea...
Ceamos en Muxía previa parada no Santuario da Virxe da Barca e voltamos para o camping.
O martes pasámolo en Razo, comemos no Cordobes un menú do día que podería alimentar a un batallón e fomos de paseíño ata Baldaio pola beira do mar (onda uns golfiños nadaban sen medo). Qué lástima desperdicia-la noite metida no hospital...
E onte quedei con M. na Postreria (que me lembra a certos locais da etapa barcelonesa e me apunto como sitio para voltar). Púxome ó día da xente do cole (primeira voda do grupo á vista) e da súa vida. E logo marchei para os Rosales para ve-la segunda parte dos Piratas do Caribe. Non estivo mal.
E agora toca pasa-la finde metida no hospital. Uf, que pereza...

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

Perdone pola tardanza, e que o meu agregador estame a ser infiel e non me avisa de tódolos post novos que debería (dinme conta esta fin de semana e estou facendo o choio a man).
¿Qué é iso de poñer "boda" e "cole" na misma frase? Non estaremos a falar do "cole" que eu penso ¿verdade?

11:35 AM  
Blogger Iria said...

Estamos a falar dese "cole", estamos. Adiviña quen se casa en setembro do ano que ven? É un rapaz, comeza por E., estudou en Santiago,... Xa caiches??? Pois xa sabes que en esto é empezar. A ver se sentades a cabeciña todos dunha vez e me invitades a algún vodorrio desos!!! Bicos (Sorte co tema da variante de Redondela!).

2:27 PM  

Postar um comentário

<< Home