Poñéndonos ó día
Estiven tentada varias veces nestes días a actualiza-lo blog pero coma sempre me pasa cando deixo de escribir moito tempo dábame preguiza retomalo. Este ratiño que teño antes de ir comer aproveitareino para eso, a ver se despois anímome máis a escribir...
Pois a ver, a ver. Básicamente o tempo se foi no traballo na uci e nas escapadas. E sen dúbida estas foron o mellor.
Coma xa apuntara noutro post fixemos unha escapadiña a Liverpool. Voltei da viaxe morta polo tute que nos metemos pero pagou a pena sen dúbida. Liverpool non é unha cidade bonita en conxunto, pero está chea de rincons interesantes. Chamáronme a atención especialmente as dúas catedrais (ambas maxestuosas nos seus estilos), unha recua de edificios espallados pola cidade, a cantidade de museos (e todos gratis!), a vida nocturna (pubs e locais enormes e xente saíndo todos os días), o desapercibido que pasa o tema beatles (menos mal, porque imaxinaba que a viaxe ía a ser un roteiro de marketing constante),... Foron un par de días de palizón que repetiría sen pensalo.


2 Comments:
¡Miña querida amiga! Debeu de ser por días, que non coincidimos en Monfero porque, hay unhas semanas tamén (re)descubrín ese pedazo de tesouro patrimonial. Menudo sitio, menudo entorno, e menuda comarca.
Eu pregunteime o mesmo que vostede, e andiven a argallar un post ó respecto, pero todos temos líos e máis líos...
Por certo, non sei si será boa idea andar a publicar eses sitios tan espectaculares que temos tan preto; o cemento corre moito máis que o sentido común e igual nos arriscamos a darlles pistas ós escaralladores de paisaxes.
Un bico.
Sí, o risco de publicar esos lugares existe... Así pois, gardarei o segredo do lugar máis marabilloso que atopei na fraga. Se algún día ten gana de andar e descobrer o paso entre os canóns rodeado de cabras montesas xa sabe o meu número ok?
Moitos biquiños!
PD: E of course: AUTOVIA NON!!!
Postar um comentário
<< Home