Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Noite de aniversario ou as "Angeles de Charlie" no Raval...

terça-feira, março 08, 2005

Noite de aniversario ou as "Angeles de Charlie" no Raval...

Onte á noite baixei de cea coas rapazas (V., S. y M.) para celebrar (ummm q alegría! 27! :/) o aniversario. Quedamos na FNAC (onde se non?) e decidimos tirar para unha creperia que hai perto do Llantiol.
Nestas que iamos pola rúa Hospital, V. e S. falando polo móbil e eu falando con M. mentras escribía un sms. E nese intre noto que o brazo deixa de pesarme, xírome e vexo un rapaz correndo co meu bolso.
En milésimas de segundo botei a correr detrás súa (eu, q non corro nin cando está a rematar o tempo do semáforo...). M. que mira e sen saber que pasa comeza a correr detrás. V. e S. decátanse e tamén comezan a seguir o tipo (ó tempo q retransmitían a xogada polos mobiles respectivos).
O rapaz q ía correndo e xirándose e poñendo cara de "estas tias ou están tolas ou son perigosas". Non saben no mundo árabe coma somos as galegas...
Veña a meterse en rúas oscuras e nós detrás, home claro!
Nestas xirou cara a parte traseira da Boqueria e sorte q por alí pasaba unha pandilla. Gritámoslles q o pararan. Un dos tios tentou agarralo pero só conseguiu trastabillalo. O rapaz refíxose, mirou atrás, e sí, alí seguian correndo o cuarteto de locas!
Outro tío que ía diante pusólle a zancadilla. O morito meteuse unha viaxe q nin te conto. O
bolso saiu disparado. E nós q xa o teniamos a punto.
O rapaz se levantou, mirou para o bolso, mirou para nós.
O tío q lle dice: "deja el bolso...".
E, ahí foi listo e decatouse do poder galego, levantouse e se largou correndo, coxeando
e o bolso recuperado!
Esas somos nós! Galicia power! Tembla Bcn! :D
Despois do exceso tocaba repor as calorías perdidas. E abofé que o fixemos... 4 crepes (dous salados e dous doces) para cada unha! Quen falou de dietas...
Logo un ratiño para a Ovella Negra, sempre chea de xente sexa a hora que sexa.
O plan inicial de saires un ratiño terminou cando cheguei a casa ás tantas de mañá despois de sufrir os rigores do NitBus. Pero pagou a pena chegar e atopar enriba da cama un regaliño: a "Escuela del Mundo al Revés" de Galeano. Boteime a durmir cunha sorrisa.
Si que comezan forte os 27. Aguantarei o tirón??

1 Comments:

Blogger Ismael said...

E non vas a aguantar¿¡ Véxovos moi activas...eso é vivir no límite, emocions fortes etc.
A cuidarse eh.
Unha aperta

1:31 AM  

Postar um comentário

<< Home