Virus
Ostia, esta sí que foi boa. Con razón síntome máis vella. Xa se sabe, a máis anos, comezan os achaques... Foi cumprir e ala... gripazo dos bos. Despois de caseque 4 días e 4 noites na cama hoxe por fin saín da casa, aínda que para vir a traballar. Hai que ver que cumpridoriña que son...
A culpa toda a ten V. que trouxo os virus ó piso e deixounos a C. e a min fóra de xogo. Quen nos vira este finde menuda impresión, as dúas ca mantiña, os mocos, as toses,... un cadro... Só baixei á rúa o sábado á mañá para ir facer o exame de Cambridge (e menos mal que non fan control antidopping porque os niveis de paracetamol, hibitanes, romilar e demais eran moi superiores ós legais) e o domingo para mercar a prensa.
Hoxe voltou V. de Galicia tra-la voda anos 20 que foi todo un éxito, estou desexando ve-las fotos!!!
1 Comments:
pois agora a coidarse e a matalos. porque a todos nos entra a depre a partires dos 20?? xD somos uns inconformistas!!
saudinhos!
Postar um comentário
<< Home