Orzan's night
Onte á noite quedara as 22.30 en casa de P. así que alí me acheguei nun taxi. Xa non recordaba ós taxistas coruñeses, compañeiros de tantas noites hai anos. Aínda lembro aquel dos Chunguitos, mítica figura nas nosas evocacións do pasado. Pois ben, o de onte tiña alma de meteorólogo e foime explicando todos os tipos de nubes e características de ceo coruñés. O mellor foi cando chegou a conclusión que o que verdadeiramente facía falta na Coruña era un teleférico dende a Torre de Hércules ata o monte San Pedro. No comment...
Total, cheguei á casa e alí estaban P., A., N., I., e M. Fíxome moitísima ilusión ve-las dúas de novo e sentirnos de novo xuntas as tres. Tiñamos moito que contar, aínda que só deixamos caer anaquiños. Pero bueno, creo que chegou para ubicarnos de novo.
Despois da chamada ós bombeiros por un fogo no edificio de enfrente e da habitual espera a que se vestiran, pintaran e etc. (que recordos de aquelas noites vendo Furor e Noche de fiesta ata que estaban listas...) baixamos para o Orzán.
Achegámonos primeiro ó Retro, onde atopamos o A. (recén casado e xa con aspecto de maridito tradicional...), o P. (este non cambia) e o D (máis moreno e hinchado que nunca, un día estoupará..). Logo fomos a Los Elefantes, que aínda non vira a nova decoración do local. Foi moi, moi raro saír polo Orzán. Non atopei aquel punto que tiña tempo atrás. Ademáis xuntouse o do J. (que tío máis subnormal por favor!! Onde terá P. a cabeza...) e acabou de fastidiarse a noite.
Só teño que vir á Coruña e saír por onda sempre para comprobar como mudou todo, ou máis ben coma mudei eu. Estes dous anos e pico deron para moito e xa nada é o mesmo. Pero semella que pola maioría da xente non andou o reloxo, ou incluso foi cara atrás... Coma di Ismael "ya nada es lo que era".
V. chamou dende Pirineos, baixo o ceo cheo de estrelas, escoitando a Lhasa ó carón dun río... Que envexa!!
Últimas horas na Coruña. Mañá volto ás 8. E, cousa rara, non teño prisa por marchar de aquí e teño moita prisa por chegar a Bcn. Non hai que me entenda. Pero en fin, estes días viñeron moi, moi ben. A cabeciña tiña que reposar e darse un tempo morto. Clarificar ideas que din algúns. Non puiden guinda-lo lastre que quedaba pero semella que desprendeuse só. Mañá comeza unha nova etapa...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home