Estrés
É coñecido o estrés post-traumático pero habería que estudiar a fondo o estrés pre-escapada. Levo días soñando con maletas, avións e taxistas. Madre mía. Creo que poucas veces estiven tan nerviosa na miña vida... e menos por unha viaxe!
Onte saín pola mañá do hospital e tras recolle-la nómina e face-lo cafeciño no bar de enfrente cas compis fun matricularme de catalán. Outra vez as colas de sempre aínda que semella que este ano estaba un pouquiño mellor organizado. Total, só perdín dúas horas en face-la matrícula. Logo a pagala na Caixa e merca-lo libro.
Cheguei a casa espírica. Alí estaban V. e S. que aínda non marchara para Girona. Viña en quinta marcha e pasada de revolucións. Creo que as estresei un pouquiño...
Baixei face-los recados (e ademáis caeron unhas botas, coma as All Star rosas que merquei en París pero en verde, de regalo), as fotocopias, merca-la Zero, revela-las fotos (que non funcionaba a maquiniña do Fotoprix, así que algo pendiente para hoxe), ingresa-lo diñeiro do piso na Caixa, carga-las pilas de cámara, baixa-la maleta, prepara-lo botiquín,... E coma se me metera na cabeza, logo deso me fun á pelu.
Estaba tan cansa que pouco máis e me durmo ca masaxiña capilar e cando me estaban a alisa-lo pelo, nin sequera oía a música tecno que tiñan posta a todo volume... Saín daló co meu fantástico pelo liso (que ó meu maridito non lle gusta... Fíxate e verás coma tódalas grandes o levan liso: a Preysler, a Letizia, a Pantoja,... ata a Tamara! Non vou ser eu menos fashion ca elas... aínda que sexa por un día... Por certo primi, que é automático, cada vez que me aliso o pelo me lembro da túa voda. Estranas conexións neuronais...).
Logo voltei a casa, fixen o xantar e sobre as cinco comecei a notar un enlentecimiento xeral no corpo. Recordo ir a habitación e abrir o ollo sobre as doce da noite, comprobar que tiña seis chamadas e tres sms sen contestar (e iso que o móbil estaba o meu carón na cama, aínda que tampoco escoitara os obreros que estiveron taladrando a beirarrúa tódala tarde...) e voltar a espertarme hoxe as oito da mañá... Qué sobada, meu deus!!!
Así que todo o que non fixen onte terei que facelo hoxe, máis todo o que xa estaba previsto para hoxe na axenda... Uf! E todo antes das oito, hora que quedei co J. e logo marcharei para ó concerto ca V.
(Hola A.! Encantoume recibir o teu mail, a ver se así estamos máis en contacto. E recorda que o 5 vou a Coru e temos moito do que falar... Bicos!).
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home