Diada
Onte foi a Diada de Catalunya, unha data que sempre me gustou dende que estou por estas terras. Gosto de ver as senyeras ondeando nos balcóns e envidiar, sanamente eso sí, ese sentimento de orgullo que teñen estes cataláns pola súa terra. É coma o día de Sant Jordi, mostras ambas de que ás veces o seny catalán estoupa e deixa escapar a querencia por unha terra, unha língua, unha forma de vida...
E non falo de independentismos, de siglas, ... senon de sentimentos. Porque coma sentenciaban hoxe dous vellos diante da penya barcelonista: "El embudo de la política es enorme...".

Polo demáis estou inmersa noutro tute de noites hospitalarias, sete nesta ocasión, que non me deixa moito tempo para outra cosa que non sexa durmir. Esta é a semá anterior á viaxe e teño mil cousas que preparar.
Ademáis teño que arranxa-lo portátil, matricularme de catalán, quedar con J., ir á pelu, planifica-la maleta, facer uns recadiños,... E traballo cinco noites, a ver como fago. E contando que o venres chegan M. e C. da Coruña e haberá que quedar aínda que sexa un ratiño con elas. Uf, que estrés!
Pero bueno, polo menos xa temo-las entradas para o concerto de Chaouen do xoves. Será no Zacarias (a antiga Boite, aquela sala onde foramos ver a G., cando tocaba en Tierras. Concerto no que descubrimos o movemento de G., movemento que foi confirmado na actuación en Eurovisión).
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home