Unha finde na casa (2)
Pois sí, xa sei que só fai un mes da anterior pero así son as cousas... O que pode a morriña! (E tamén o feito de que as patatas de Bergantiños comezaban a escasear da despensa e o pan do conxelador...). O feito é que estamos de novo na casa.
Nin unha ola de frío polar nin a correa de distribución a piques de rachar puideron quitarnos a idea da cabeciña. Así que o xoves á tardiña saiamos de Sant Andreu de la Barca rumbo á terriña. Nin o feixe de camións que ocupaban a estrada, nin a neve que comezaba a caer en burgos, nin a procura do pobo de A. en Logroño, nin as cadeas de radio místicas (bendito mp3 neses intres sen cobertura!), nin un cocho vagando polo medio da autovía... puideron desanimarnos. Qué cousiña se remove por dentro ó chegaren ó Cebreiro e velo carteliño de que xa entras en Galiza...
Chegamos, pois, de madrugada mortos de sono por non teren durmido en cáseque dous días así que a camiña nos recibiu cos brazos abertos.
Onte foi día de reencontros, rollo familiar e cafeciño no Universal pola tarde. A petarda contandome as novas do traballo e da vida lucense (non sabes o que me aleda que esteas tan ben, aínda que se che bota moito a faltar en Bcn!), B. poñéndonos dos nervos coa súa marcha a Copenhague tan "ben planificada", R. enganchándome ó 50x15 do móbil (edición famosos aínda por riba! mooooola!!) namentras comentaba con C. as características da súa nova "mansión" na Coru (xa veredes que guay a independencia...). Pero non tiña ganas de sair de festa e deixei de chamar a M. como quedara o día anterior. Sí V., estou un pouquiño antisocial, será o tempo...
Hoxe atopeime co mail de T. que traía de regalo a apertura dun blog e o encargo de faceren a dichosa lista de manías. Eu que pensara escaquearme dela cando ma mandaches ti petarda... Pois vai a ser que non. Que o mundo está ansioso de coñecer as miñas manías! Prometo pensar nelas esta finde e poñelas para a semán entón. Poderes atura-la espera?
Pois nada, irei comer logo e quedar para pola tarde. Mañá queda reservado para JC e J. E o luns, de volta para Bcn!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home