Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Fin de ano en casa!

sexta-feira, dezembro 16, 2005

Fin de ano en casa!

Fai un ratiño acaban de darme a boa nova: libro o 2! Así que non hai problema e poderei pasa-la fin de ano na Coru. Que ben!!! Só faltaba que non mo deran libre despois de tódalas horas que me deben, pero como as cousas funcionan como funcionan... Tanto ten, o caso é que irei do 30 ó 2. Sairei de traballar o venres pola mañán e irei direitiña para o aeroporto e nunha horiña e pico por fin na terra. Xa hai ganas, xa.
Onte recibin mail de A. Falamos o outro día por teléfono pero o mail foi especial. Nel me recordaba antigas aventuras adolescentes (o do barco foi boísimo!), o que me levou a enlazar con outros recordos daquela época montegrandina. Dende logo foi unha boa época aquela e eu tamén repetiría todo o feito sin pensalo... E polo que di teu pai A. no problem, aquí estou eu para desmentilo! (cantos anos xa? caseque 20 que nos coñecemos non?? E aínda nos aturamos... que xa ten mérito...).
Mañá veñen á casa A. e a súa sobriña. S. xa atopou piso en Gràcia e abandonounos por segunda vez (snif snif! okupas así da gusto te-las perto! E aínda por riba deixando regaliños...).
Esta semana non foi moi movida en canto a vida social. E a pouca que tivemos apenas lle fixemos caso. O martes veu por casa S. (que por certo, sí que coñecía a F. Si é que Carballo é un puebliño...) a recolle-la TV que lles regalamos a M. e as do seu piso. Pois á pobriña nin lle fixemos caso. Estabamos os tres enganchados ós 4400, tirados no sofá e tapadiños coa manta tan panchos que o único que queriamos era que marcharan as visitas... Qué ermitaños meu deus!
E a finde preséntase máis ou menos semellante. Mañá á tarde teño a segunda parte do exame de português (a primeira fixena hoxe e non hai queixa) e logo quedarei con F. para iren mercar algún regaliño. Non teño nin idea de qué comprar. Sobre todo o regalo do "amigo invisible" aquí no hospital (témo-la cea o vindeiro xoves). O sábado traballo e o domingo tocará relax para coller folgos para a semán. E en nada as festas...

1 Comments:

Blogger volboretinha said...

ayay!!!que te vas a convertir en una marujilla sedentaria..jajajja... a ver si salimos más... es un consejo..luego cuando te vuelvas, te darás cuenta de todo lo que no hiciste allí...y te arrepentirás..asi que aprovecha..y vete a muchos conciertos que aqui no hay nada..jajaj..bueno guapa ya nos vemos pronto..espero que cuando vengas,no te quedes apoltronada en el sofa de tu casa jajaj...biquiñosss

8:31 PM  

Postar um comentário

<< Home