De volta e no teatro
Tras certos problemiñas co blogger podo por fin actualiza-lo blog. A ver, que era o que tiña que contar...
Voltamos de Galiza o luns e en medio do temporal que daba os seus últimos coletazos non se nos ocurríu outra cousa que facer un periplo automobilistico polo norte. Saimos dunha Coruña soleada sobre as 11 da mañá e xa na autovía antes de chegaren a Lugo apareceu a neve, que non nos deixou ata ben adiante. Paramos no Cebreiro onde desfrutamos dunhas vistas de excepción. Facía ben tempo que tiña ganas de iren aló e o pobiño encantoume. Tras unhas culadas (estaba claro que as botas imitación-Ugg made in Oxford Street, London por 10 euros non eran o máis adoitado para a neve...) e un colacao quente seguimo-la viaxe.
Fomos deixando atrás Galiza, León e cando estabamos en Burgos (tralo avituallamento de rigor de Donuts de chocolate) decidimos cambia-lo rumbo e, en lugar de tirar cara Logroño, seguir ata Vitoria. Xa que estábamos, non?
Chegamos a Vitoria á tardiña, dimos un paseíño polo casco vello e tomamoslle outro colacao nun café coa estética nacionalista. Lectura do Gara mediante, saimos cara Pamplona e dalí rumbo Huesca, pasando por Jaca. Mi madriña, non habia un alma na estrada en centos de quilómetros. A escuridade total ó noso rredor. Un banco de néboa que apareceu de súpeto fixo que duplicaramos o tempo que nos levou recorrer aquelo. Logo Lleida onde comezou a chuvia, o ataque das plumas do camión de galiñas e as 3 e pico da mañán en casiña. Mortos sí, pero... para cando a próxima?
E esta semán foi un pouco de readaptación á grande cidade, ó curre,...
Onte fomos a ver "Ultimas palabras de Copito de Nieve" a obra de teatro de Animalario. Foi na Paloma, onda xa vira a anterior (a da boda de Alejandro e Ana) hai dous anos con JC.
O escenario representa unha xaula dun zoo na que desenrolan a ación tres personaxes: Copito de Nieve (Pedro Casablanc), o gorila negro (Tomás Pozzi) e o cuidador (Gonzalo de Castro). Nesta relación triangular trátanse temas coma a morte (basándose nos textos de Montaigne), a eutanasia (que se nega ós humans, pero se emprega con Copito por "humanidade"), a tortura (alusión directa a Guantánamo), a "superioridade humana", os disfraces da sociedade, a subordinación...
Como dixo Andrós Lima, o director: "Copito de Nieve, Floquet de neu, gorilla, gorilla, nfumu-mgui, el gran mono blanco, el ídolo de los niños se muere y sus últimas palabras son aullidos de vida, sus últimas palabras son para el mamífero dominante: el hombre. Y lo llama mentiroso, lo llama asesino, lo llama torturador. "Porque vivimos a golpes, porque apenas si nos dejan decir que somos quien somos" casi dice el filósofo-poeta Copito. "ÚLTIMAS PALABRAS DE COPITO DE NIEVE", no es sino una metáfora del hombre mismo y de la sociedad en que vivimos, encerrados y en nuestra mediocridad adormilados. Pero Copito sabe que el hombre al igual que el mono todavía es un animal salvaje que puede reírse de sí y del mundo que puede gritar no me da la gana y que puede morir como le da la gana"
Destacaría, por riba de todo, o traballo que fan os dous actores que representan ós gorilas ca magnífica gama de xestos e posturas.
Por certo, o das manías que "tan amigablemente" me encasquetaron F. Míguez e V. Aí van algunhas das miñas:
1ª. Odio as luces de stand-by dos aparatos eléctricos acesas cando non se usan. Polo que sempre vou apagando e desenchufando os aparatos. No hospital teño a uns cantos fartos de encenderen o proxector das Rx, o destructor de documentos, as luces dos boxes que non se empregan...
2ª. Son a fan nº 1 da salsa de tomate. JC dicía que a botaba en toda a comida, fora cal fora. E razón non lle faltaba...
3ª. Non soporto os pratos enriba da mesa ó terminaren de comer nin o fregadoiro cheo por moito tempo. Verdade F.?
4ª. Me molesta especialmente a xente que grita, a que se rí dos seus propios chistes sen gracia, a que non para de falar nin anque lle cortes a língua...
5ª. E a máis rara de todas: no verán adoito contar os dedos dos pés das persoas que levan sandalias para ver se atopo a algún polidactílico. Sí, xa sei que son rariña...
1 Comments:
dende logo!!! vaia ruta turistica fixestes!!!ajjaja...
asi que esta ven, a obra de teatro, e que o outro dia, dixeronme que non estaba moi ben.. xa me contarás con mais detalle.. cando este ali.. por certo podes mirar se hai algunha obra interesante.. en atrapalo...ou senon xa miro eu...
e dou fe, nas tuas manias, na das luces, na do tomate.. na dos platos..pero a dos dedos non a sabia.. jajaja.. sempre se descubre algo novo!!! ala guapaaaaa moitos biquiños.. e vemonos prontiño, a ver si con mais tempo.. e a ver se nos podemos ir de festa por ahi, ou de compras...
Postar um comentário
<< Home