Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Líos coas horas

segunda-feira, fevereiro 06, 2006

Líos coas horas

Despois da bronca de onte á noite no traballo polo reconto de horas, hoxe chegou a xefa de boas para recoñecer que -efectivamente- debenme días libres e que poderei pillalos no Entroido. Non podía ser doutra maneira. Pensaba collelos de todas, todas.
Co fácil que ten que ser ter contentos ós traballadores... Precisamente onte antes de entrar no hospital leía a entrevista a Ildefonso Hernández que fan no EPS. Entre opinións moi próximas á miña no que se refire á sanidade, o presidente da Sociedad Española de Epidemiología di: "En el ámbito laboral, por ejemplo, vemos que detrás de un dolor de espalda o una crisis de ansiedad hay muchas veces un contrato basura. Hay una clara relación entre empleo y salud mental, y se ha demostrado que las personas con un empleo precario o temporal tienen incluso peor salud mental que los que están en paro". Exemplos claros de estos puiden velos fai pouquiño perto...
O mércores chegan M. e B. a pasar uns días en Bcn. E o sábado fará o propio M. Comeza xa a temporada de visitas no Hostal Galego!!

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

¡Luita Iria, que as relacións laborales consisten en botar pa'diante, e si trajas, trajaches!
Tí mira sempre polo teu.

11:21 PM  
Blogger Iria said...

Tranquilo compañero, cando se trata de días para iren a Galiza non hai quen os teña ben postos para viren a dicirme que non. Xa coñecen aqui como mas gasto cando se trata do tema iren á casa... :D
E sempre na luita claro que sí!

7:20 AM  

Postar um comentário

<< Home