Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Ravalejando

quinta-feira, fevereiro 16, 2006

Ravalejando

Onte quedei con M. antes de que voltara para Galiza. Quedamos onda sempre, no lugar habitual: na porta da FNAC na Praza de Catalunya. Alí estaba cando cheguei. Saudámonos, xireime e... aquela non era L? O outro día T. me dixo que L. estaba en Bcn polo do concerto de Depeche Mode e bromeamos un rato co de atoparnos. Pois fora bromas, alí mesmo, no centro da cidade fomos atoparnos. Se é que Bcn é coma unha aldeíña!! (ó voltar á casa tamén atopeime a C. no metro. Tralas excusas de rigor por non chamala quedei pra facer algo con ela un día de estos. Caerá a breva desta vez?).
Despois da sorpresa e o intercambio de novas nós tiramos para o Raval. Rematamos no Iposa arranxando o mundo e planificando futuros proxectos na terra. Cantas cousiñas por facer!!!