Retomando a vida coruñesa
Levo cinco días na Coru e semella que a cousa ven de moito tempo atrás. Co rápido que foron transcurrindo os acontecementos estes días caseque nin me decatei do cambio. Apenas foi necesario o período de descompresión.
Cheguei o mércores que adiquei o reencontro familiar e de amigos. O xoves xa tiña atopado piso e o venres xa estaba traballando no SERGAS. Qué doado que foi todo!!
O piso foi o primeiro que fun a ver e pagarei menos de aluguer que o que pagaba en Bcn pola habitación. É un estudio pequerrecho en Monte Alto, a dúas rúas da casa. Antigo pero cunha maxia que me atrapou dende o primeiro momento. Estes días estou de fregoteo e limpeza a fondo a ver se podo instalarme prontiño.
E o venres a unha e media da tarde recibin unha chamada do SERGAS para ver se podía cubrir unha baixa, empezando hora e media máis tarde. Sempre fan igual. Hai cousas que non cambian...
Como tampoco cambiou o ritmo do traballo no hospital. Obviando o perdida que andiven de onde estaban as cousas, apenas me custou readaptarme. Reencontro con compañeiros de anos atrás, volta as habitacións de catro camas,... E de novo decatarme do ben que estaba organizado o traballo en Bcn.
E da xente, quedei o mércores con V. para ve-lo Barça gañando a Champions (campioooonsss!!!), voltamos a quedar o xoves con S. no Alfaiate e fun con F. o mércores á Gloira, a dar unha voltiña pola Repichoca o sábado e onte para iren ó cine a ver "1 franco, 14 pesetas" nese antro chamado centro de ocio do porto.
Hoxe baixarei pola tardiña ve-la peque e logo a traballar. Toca turno de noite aínda que de dúas horiñas menos que o daló, que xa se notarán digo eu...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home