Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Tou feita polvo!

segunda-feira, abril 24, 2006

Tou feita polvo!

Repoñendo as forzas cun Guaraná ben fresquiño despois dun día agotador.
Pola mañán deixei a casa mentras un rapaz que non estaba mal (ou será que se botan a faltar as hormonas masculinas nesta casa e cando entran unhas revolucionan todo??) arranxaba o interfono. O deber obrigaba! Fun ata a Delegación do Goberno, departamento Educación, sección Títulos e recollín o flamante papelucho que me acredita coma Licenciada en Filosofía e Ciencias da Educación. Aí é nada! Supoño que algún día me valerá para algo...
Logo baixei "Rambla p'aquí, rambla p'allá" na procura de demáis papeis ata que aparecín en Portaferrissa e tiven que entrar no HM onde, tragándome as miñas promesas, acabei mercando unha falda branca de lunares e un bolso. Tamén fichei as gafas superfashion que mercarei antes de voltar a Galicia. Qué farei sen o HM na Coruña? Din que abrirán un no novo centro comercial de Someso. A ver se é verdade...
E despois á tardiña deixeime os brazos cargando cas caixas da mudanza. Pecharon a outra oficina de Correos e aínda que esta é máis bonita, son máis amables e máis eficientes, tamén está máis lonxe. Ir con 12 kilos en cada viaxe nos brazos ata aló deixoume un pouco feita polvo. Pero bueno, a cousa é que xa está feito. Só quedará unha caixa máis coas chuminadas que faltan e listo.

E agora un pouquiño de relax antes de iren a traballar, que me agardan 12 horas de traballo por diante. Co ben que iría eu para cama nun ratiño...