Sant Jordi
Recoñezo que son unha persoa que gusta das tradicións, propias e axenas, que deseguida apúntase cando algunha lle entra polo ollo ou, sobre todo, pola boca (sexa o roscón de reis, a mona de pascua, a coca de san xoán,...).
E a de Sant Jordi non ía a ser menos. Dende o primeiro ano que desfrutei dela figura entre unha das miñas favoritas.
Encántame pasear entre as rúas cheas de xente que sorrí e vai cargada de libros e rosas (hai algo máis bonito que un libro e unha flor??). Encántame ser partícipe da data e regalar e recibir os presentes.
Por eso dende a mañanciña decateime de que ía a ser un bo día. Abrir o mail e ver que tes unha rosa agardando por ti alegra o espertar de calquera. Estou vendo a cara de V. ó mandala, feliz por poder facelo de maneira virtual. Aínda recordo a que me regalou o ano pasado, a pesar de estar en contra da venta de flores naturais, só porque sabía que era algo que me facía feliz. Graciñas petarda!!!
Hoxe espertei tarde, almorcei e me adiquei un ratiño a mimarme (ducha relaxante, cremas e potingues varios). Logo chegaron N. e a súa nai a casa, e me trouxeron unha rosa vermella de regalo, rosa que luce ben fermosa na miña habitación de asceta.
Despois baixei a dar unha volta polo centro. Collín a L1 e parei en Pl. Catalunya, no meollo do xaleo. Baixei as Rambles parando nos postos e stands. Curioseando nos libros e, sobre todo, na xente. Merquei "El País" no kiosko das pelis porno (no do tipo borde se esgotara) e seguín a pasear.
Cansa do barullo de xente, os meus pasos fóronme levando polo Gótico, pola Catedral. Alí, no carrer de Santa Llùcia, seguían a cantar ópera. Subindo o Carrer del Bisbe topei coa cola de xente que agardaba por entrar na Generalitat (era xornada de portas abertas). Seguín e pasei por baixo dunha das imaxes que sempre gardarei de Barcelona. Ese "balcón" que foi unha das primeiras imaxes da miña primera visita a esta cidade, e que nunca me aburro de mirar (sexa de día, ou mellor de noite).
Atravesei a Praza de Sant Jaume e tirei para o Born. Enfilei a rúa Vidriería e entrei no café no que esgotara horas e horas de tardes de domingo, o Mudanzas.
Lin o xornal acompañada dunha Coca-Cola light.
Logo percorrin o Barrio da Ribera, collín o Carrer Comerç e atravesei a Ciutadela. Subín polo Paseo do Arc de Triomf, no que se estaba a celebrar a Fira da Terra e que estaba cheíño da fauna da Barcelona mestiza. Moita pose pero tamén moita realidade.
Collín alí mesmo o metro e tirei para casa.
O paseo trouxo miles de recordos, sitios nos que almorcei naquela época de ruta gastrónomica, lugares que gardan bicos furtivos, que percorrin con xente que foi e é moi importante, tendas agochadas, rúas empedradas nas que aínda se escoita o eco dos nosos tacóns nas noites de festa,...
Cómo quero a esta cidade!!
PD: E como non podía faltar, aquí tendes a rosa máis fermosa...
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home