Pois coma na
canción de Sabina quedan xa 19 días, aínda que coido que eu tardarei máis que iso en esquencer esta cidade. E esta vida...

Onte a despedida de solteira estivo ben. A
cena (aínda que un pouco escasa) rica e o espectáculo pasable. Nada que ver con aquel do
Gula Gula madrileño naquela mítica noite de hai uns anos. Pero rimos, cantamos e compartimo-lo tempo que era o importante. Aquí tedes a Sílfide en plena actuación.

E hoxe levanteime ás tantas (tamén fun durmir ás tantas...), caseque rematei a mudanza interna (esta será a última noite na cama grande, snif snif), almorcei as sobras de onte e baixei dar unha volta polo barrio. Moitas cousas están a cambiar. Trasládase o Día, pecha o
Canódromo, o Bar Escocia de toda a vida transfórmase no "Escocia Doner Kebab", pecha a tenda de chuches, pecha a tenda de calzado barato que estaba onde o metro... Cando volte nin o recoñecerei! Logo tirei para
Sant Andreu e terminei na
Maquinista. Ata botarei en falta este centro comercial!
B.S.O.: "
Qué andarás haciendo ahora". Ismael Serrano.
1 Comments:
holaaaaaaa!!!!!!! acabo de flipar, con todo lo que escribiste ultimamente... sera la morriña... joo me gustaria compartir estos dias contigoo, pero lamentablemente estoy aqui... asi que cambi tanto el barrio? cuando yo fui todo seguia igual, y ahora sin bar, sin chuches, sin zapatos, sin correos... que mal...
enhorabuenaaa señora licenciada, que acabo de hablar contigo y no decias nada.. no sabia que habias acabado... ya me contaras... y lo del h y m dicen que lo abriran en laplaza de lugo, junto con la fnac, el de someso esta parado.. hay problemas con las obras o algo asi.
respecto al sant jordi, tienes razon, me molo mandarte la rosa..y disfrute eligiendola, aunque no habia mucho donde elegir...y si, prefiero las virtuales, que no te clavan 5 euros por ella... jaja y me alegra qeu hayas tenido tu rosa real, aunque no te la regalara tu mariditooo..
muchos besos guapaa y animoooo que ya queda poco para vernos y ponernos al dia....
Postar um comentário
<< Home