Morriña de Bcn
Esto é incrible. Estou nun sitio e boto en falta ó outro. Levo 3 días en Coruña e xa estou desexando voltar. Hoxe comprei o billete con Iberia (o domingo comeza xa Spanair) e en nadiña xa poderei sentarme na miña terraza e contemplar o Tibidabo ó lonxe.
O avó ben. Xa comezou a camiñar e o venres voltará para casa.
V. chamou hai uns minutos, ía no tren cara Sant Andreu. Contou de pasada as novidades no piso e na cidade. Semella que J. xa deu sinais de vida. Meses máis tarde... agora a cuestión é quedar.
Mañá volta P. A ver se quedamos o venres para saír polo Orzán e así poder ver a xente toda (a pouca xente que quedou por Coruña e non anda nesta "emigración" particular).
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home