Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Zombie

sexta-feira, março 25, 2005

Zombie

Así é coma me atopo, media zombie. Tantos días durmindo mal, e os que aínda quedan. Eu que andivera detrás dunha viaxe para estes días, dando voltas a tódalas webs da rede, que si Sevilla, que si Roma, que si... e o final, ala, para Coruña!
As veces unha simple chamada trastoca tódolos plans e muda todo de súpeto. O domingo á tarde avisaron de que o avó rachara a perna e estaba no hospital. Así que nada, foi sair de traballar o domingo á noite e marchar para Coruña a primeira hora.
A viaxe unha odisea, bronca no mostrador de Iberia incluida, para acabaren viaxando en Bussiness Class con tarifa de turista. Non saiu mal non. Eso é viaxar! Espacio entre os asentos, un almorzo opíparo (ovos revoltos, bacon, croissan, fruta, zumo, pan, mermelada, cafe, manteiga), a prensa, os azafatos pendentes todo o rato... Escala en Barajas e chegada ó mediodía á casiña.
Pasei as noites todas no hospital, escoitando historias familiares e recordos deses tempos tan pertos en datas pero tan lonxes en tódolo demáis.
Quedei con P. e estivemos a falar na cafetería do hospi, volta ó noso refuxio de tantas e tantas horas. A de tempo que botamos alí dentro durante a carreira, nas prácticas, os primeiros contratos... Foi unha sensación extrana, por un lado ver tantas caras coñecidas e sentir coma que o tempo non pasara, e por outro decatarnos do diferente que era todo, como había trocado a nosa vida nuns poucos anos.
E hoxe foi sair do hospital as 6 de mañá, marchar para Alvedro con B. e A. e de novo rumbo ó Mediterráneo.
Na casa, en Barcelona, agardaban V. e S. (a nosa okupa preferida) dispostas a contar tódalas novedades acontecidas e por acontecer.