Día da Patria
Esperto de tardiña e a vista dende a terraza mostra unhas nubes sospeitosas por riba da Collserolla. Semella coma se fora a haber unha treboada de aquí a un pouco.
M. manda un sms dende Compostela, no cogollo das festas do Apóstolo. Quen puidera estar alí... En fin, conformarémonos con celebra-lo Día da Patria dende a distancia, tendo presentes as verbas de Castelao (todo se pega F., xa ves...).
Nada que destacar da finde, estiven metida no hospital mentras as rapazas ían ó concerto de Ojos de Brujo en Mataró. Sempre o mesmo, a currar cando hai plans apetecibles, qué vida ésta!
Hoxe marcharon para Sitges e logo din de tomar algo por Gràcia. Está aquí S. pasando uns días antes de voltar a Londres, así que haberá que aproveitar para estar un ratiño xuntas.
"Así dá comenzo a solemnidade d-este día; a Festa maor de Galiza, a Festa de todol-os galegos. Pero ninguén pode sentila, coma nós, os emigrados, porque en tal día coma este revivien as lembranzas acuguladas, e coa moita destancia agrándase o prodixio da patria. Hoxe a nosa imaxinación anda por alá, en festa de saudades, escoitando as cántigas montañesas e mariñeiras que van para Compostela, vendo o noso país embandeirado de azul e branco, con músicas, gaitas, pandeiros, aturuxos e foguetes..." Castelao, 25 de xullo de 1948
2 Comments:
O patriotismo é a virtude dos depravados. Saúdos
¬¬
Postar um comentário
<< Home