Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: R.

quarta-feira, agosto 17, 2005

R.

Hoxe coñecín por fin a R. Tantos días desexando velo... Sobre todo a N. que leva unhas semaniñas que non cabe en sí de gozo, a sonrisa pegada na cara, os nervos a flor de pel. Aiiisss o amor!!! Esa sí que está romanticona ó máximo V. e non eu, non te confundas...
Mañá me traslado por uns días para deixa-la casa baleira ós enamorados. A ver se me lembro de dicirlles que lle boten de comer a Axé. Non sei se me acostumarei ó barrio de Sants, Nou Barris é moito Nou Barris... Polo menos non terei que soportar as obras do metro de Sagrera. Esto de estar en casa allea non creas que me entusiasma moito, terei que comportarme e ser unha boa inquilina.
A ver se me acerco mañá ou pasado ata Gràcia para vivi-las festas. É unha pasada como se curran a decoración das rúas.
Novas de M. despois da súa voda, de JC confirmando a reserva de aloxamento en Bos Aires, de C. e a súa volta á casa en DF, de S. un aniño máis vella (mi niña!), de M. planeando visita a Bcn en setembro...