T.
Quinta noite seguida de 12 horas en Urxencias e resistindo coma unha campeona. Só quedará unha máis mañá e logo a finde en Andorra, qué ganiñas que teño xa de pilla-lo bus (Aínda que menudo horario se gastan estos! Outra noite que non poderei durmir a gusto. Que se prepare a camiña do hotel que en canto a pille por diante...).
Novas da flaguer que non da crédito ós últimos cambios vitais, da A. inmersa nas festas populares rioxanas, da P. deseosa de que cheguen as súas vacacións, da T. afrontando o adeus de W. (ánimo!!),...
Novas tamén de T. Por fin! Non sabes o que me gusta recibir novas túas, sobre todo se son escritas nesa linguaxe posmoderna bloggiana... Non, en serio. Pode que ás veces resulte un pouco pesada co de "non sei da túa vida", "non das sinais", "onde te metes" e cousas polo estilo pero dende que estou aquí tervos controlados (uisss que mal que sona esto...) é unha forma de saber que a miña vida sigue tendo as súas raigames aló, e que esta paréntese en terras catalanas será só eso, un pequeno kit-kat. E que en canto troque o vento voltarei coma Mary Poppins e ahí estaredes vós coma sempre.
O teu mail viña cun archivo adxunto de recordos e tempos pasados. Recordei de novo a conversa da piscina e do socorrista (non sabes o mítica que chegou a ser esa conversa...), me veu a imaxe dos teus brazos e parte da parede cheos das chuletas de latín (aquel exame dos pronomes foi histórico. Se Laureano se enterara de aquelo...), as conversas con F. e A. na clase, aquela semán no camiño rumbo a Santiago, algún remate do Orzán na túa casa e tantos e tantos ratos de compaña en clase. Esto de ser compas de pupitre tódolos cursos ten que deixar algún poso, non?
Así que nada, xa sei que todo esto non te ven de novo (ó fin de contas, coma se aprecia no mail, eres unha das persoas que mellor me coñece) pero me apetecía que quedara constancia pública do moitismo que significas para min e do cariño que che teño (e coñecendome como o fas xa sabes o que me costa dicir todo esto... Ó final vai a ter razón V. e estoume voltando ñoña perdida...).
Así que nada neno, moita forza para resistir ese ritmo frenético e moitas boas vibracións para que acougue un pouco esa cabeciña (que aínda que moi ben posta ás veces che corre máis que o almanaque...). E que saibas que ó final do camiño agardan por nós os paraísos soñados, sexan os teus ou algún dos meus.
E non te esquenzas que temos unha revolución pendente!! Hasta la victoria siempre!!
(Irei á Coruña do 5 ó 10 de outubro, ti dirás cando queres quedar e falamos de todo eso que non colle no mail...).
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home