Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Tormentas

terça-feira, setembro 06, 2005

Tormentas

¿Qué facer cando feridas que pensabas pechadas reábrense de novo?
¿Cómo manter controladas ás pantasmas e trasnos que habitan na nosa cabeciña?
¿Cómo guardar para sempre baixo chave algúns recordos?
¿Cómo exorcizar ós demos mentais?
Onte costou durmir e cando o conseguira a tronada retumbou e fíxome espertar de súpeto. Os relámpagos iluminaban a cama por fraccións de segundo e caseque sen respiro o son dos tronos inundaba a habitación. Apertámonos forte nun abrazo e pouco a pouco voltamos a caer no sono.
Hoxe o día amanceu tranquilo, miña cabeza non tanto. Sen dúbida, as peores tormentas son as interiores. Para esas non hai abrazo que valga...