Andorra tour
Qué rápida pasou a finde! E iso que estivo cargada de cousas: de horas de bus, de comparanzas de tenda en tenda, de camareras "amables", de coches tuneados, de burbuxas de xabrón, de almorzos copiosos, de paseos Escaldes e Andorra la Vella arriba e embaixo, de maniotas,... De todo menos de horas de sono. Pero pagou a pena. Qué maneira de desconectar de Bcn! Sobre todo o paseíño polo Rec del Solà.
Quedaron moitas cousas pendentes: a visita ós lagos, o mp3, o DVD portátil, Caldea,... así es que haberá que facer outra escapada (e a poder ser con neve!). Graciñas por todo F.!
Agora, mentras Chris Isaak canta o "Baby did a bad bad thing" (unha das adquisición andorranas, xunto con diplomáticos, timbalada e chill brazil 3) gravo os cds de JC coa cabeciña xa pensando no que agarda por nós en Bos Aires. Tudo bom!!
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home