Poñendo o blog ó día
A ver como resumo todo o que aconteceu dende o post anterior. Teño que voltar a escribir cada día porque logo se acumula o choio e non dou...
O principal, V. volta a Galicia. Hai que ver, tanto chorar polas esquinas porque eu me voltaba en verán e á primeira de cambio vai e fai as maletas. Se ó final todos os mariditos son iguais, jejeje. Alégrome mogollón por ti petarda! Non porque marches claro, senón pola oportunidade. É un reto moi importante para o que estás perfectamente capacitada. É tempo xa de poñer en práctica todas esas ideas fabulosas e comezar a cambiar todo eso que non nos gusta e que tantas veces criticamos do mundiño social! E bueno, moitas graciñas por estes dous anos de pacífica convivencia cheos de cousiñas boas. O que se che botará en falta na casa...
Para encher o espacio que deixe V. virá vivir a casa F. Estivemos a piques de coller a un rapaz informático pero "máis vale malo coñecido que bó por coñecer", verdade? Alégrome moito de que veña él e non ter que coller a alguén descoñecido. Aínda que onte fixera só 5 meses de coñecernos "in person" dame a sensación de que fai tempo e tempo. Estes 5 meses estiveron tan cheiños de cousas que semellan 5 anos!
Hai dous domingos fomos ata o CosmoCaixa, o museo da ciencia de Barcelona. Mólame mogollón este museo, sobre todo a parte do Bosque Inundado. Sempre me molaron os museos interativos, e máis dende que traballei na Domus. Logo quedaramos con V., P., I., M. e B. no Pulgas Mix do Convent de Sant Agustí onde actuaba Brazuca Matraca. Wagner Pá fixo un concerto un pouco hip-hop de máis para o meu gusto, pero non estivo mal a cousa.
A finde pasada viñeron F. e M. de Vigo a facer unha visita. Pasaron os tres días voando, entre festa e turismo. Agromaron de novo todos os recordos da pandilla do cole, puxénme ó día da vida de casi todos. A ver se o ano que vén facemos unha xuntanza para celebrar os dez anos de acabaren.
O venres baixamos de noite ata La Paloma, a Ovella Negra, o Zentraus (onde atopei de novo ó francés aquel) e os Enfants. O sábado fomos turistear pola Sagrada Familia e o Tibidabo, e logo me fun a traballar e eles sairon polo Maremagnum. O domingo baixamos ata o Passeig de Grácia e comimos na Vaca Paca (dende onde non me puden resistir e falar ca P. recordando aquela primeira comida alí fai anos xa). Despo¡s dunhas apostas no canódromo que temos na porta de casa, eu marchei traballar e eles voltaron á terriña. Qué peniña despedilos!!!
E o vindeiro mércores irei a Madrid para o exame final do maldito Doutorado, a ver se mo quito de enrriba dunha vez...
(Alá, xa está esto actualizado. Agardo facelo máis a menudo a partir de agora.)
1 Comments:
eyy compi!!! muchas gracias por los animos, yo os echare muchisimo de menos.. pero que mal suena eso de que dejo un espacio...bueno, no me voy a poner sentimental... que ya sabes de sobra lo que pienso.. besitosssss
Postar um comentário
<< Home