Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: 50 euros

quarta-feira, julho 27, 2005

50 euros

Baixabamos pola vía Laietana despois do recorrido polo Passeig de Gràcia e os edificios modernistas de Gaudí e de súpeto as nosas miradas se cruzaron cun papeliño que nos ollaba dende o chan. Sen dar crédito nuns segundos tiñamos na man un "papeliño" de 50 euros con ganiñas de que lle deran festa. E non nos iamos negar claro.
Así que tras unha volta polo Born achegámonos ata o Princesa23 e dimos conta duns langostinos con salsa rosa, polo con cus cus, bacallau e brownies de chocolate. O local é ben chulo, pero de noite convértese nunha das sedes dos guiris en Bcn (outra máis) e o ruído era insoportable.
O noso novo amigo marchou en mans da camareira e voltaron unha pandilla de amigos máis pequenos que seguían con ganas de troula.
Voltamos cara o Passeig do Born e entramos no Berimbau, sitio tranquilo e con música e bebida brasileira. Estábase de vicio alí dentro.
A noite rematou tarde e agora despediremos os amiguiños que quedan comprando as cousas para facer un picnic na Ciutadella. E logo a currar que hoxe toca de novo...

Todo Se Transforma. Drexler
Tu beso se hizo calor, luego el calor, movimiento, luego gota de sudor que se hizo vapor, luego viento que en un rincón de La Rioja movió el aspa de un molino mientras se pisaba el vino que bebió tu boca roja.
Tu boca roja en la mía, la copa que gira en mi mano, y mientras el vino caía supe que de algún lejano rincón de otra galaxia, el amor que me darías, transformado, volvería un día a darte las gracias.
Cada uno da lo que recibe y luego recibe lo que da, nada es más simple, no hay otra norma: nada se pierde, todo se transforma.
El vino que pagué yo, con aquel euro italiano que había estado en un vagón antes de estar en mi mano, y antes de eso en Torino, y antes de Torino, en Prato, donde hicieron mi zapato sobre el que caería el vino. Zapato que en unas horas buscaré bajo tu cama con las luces de la aurora, junto a tus sandalias planas que compraste aquella vez en Salvador de Bahía, donde a otro diste el amor que hoy yo te devolvería......
Cada uno da lo que recibe y luego recibe lo que da, nada es más simple, no hay otra norma: nada se pierde, todo se transforma.

4 Comments:

Blogger volboretinha said...

moi ben toxiño.. recochineate máis cos langostinos... dende logo!!... onde queda o de compartir e vivir ehhh!!!!!!!!e mentres tanto, as túas amigas estavamos tiradas nunha praza, comendo un mísero xeladoooo!!!

2:10 PM  
Blogger Iria said...

Jajajajaja... Eu firmaba por atopar un destes cada mes por exemplo...
Xa faremos unha boa comilona cando vaiamos de balneario maridito!!

12:46 AM  
Blogger volboretinha said...

lamentablemente no habrá balneario.. y seguramente ni comilonas..ni nada de nada... algo está cambiando...

5:38 PM  
Blogger Iria said...

Uis!! Q post máis... como dicilo? amargo?? deixa un poso un tanto pesimista...
Non quero verte así eh? Cómo que algo está cambiando???
O domingo falamos que hoxe non me molou nada a enerxía da túa aura (como diría N.).

10:24 PM  

Postar um comentário

<< Home