Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Calorrrrrrrrrrrrrrr

sexta-feira, julho 29, 2005

Calorrrrrrrrrrrrrrr

Namentras os pais están desfrutando das bondades de poñe-la cheminea en pleno verán, aquí seguímonos asando de calor. Menuda xafogor que fai! A ver se é verdade que para a finde dan mal tempo...
Seguimos tamén atopándonos con galegos/as e fillos/as de galegos/as e todos desexando voltar dunha vez para alá. Quen sabe se o novo goberno poderá botar unha manciña no tema traballo e podemos face-las maletas cedo.
Hoxe falei cos avós e con T., aínda "convalecente" da juerga de San Xoán. A peque se escoitaba por detrás, pelexando cunha bolsa de gusanitos.
Con quen non consigo falar nin a de tres é con A. Levo detrás dela xa caseque dous meses, e creo que rematarei antes mandando unha carta por correo tradicional. Teño tanto, tanto que contar!!!
Hoxe e mañá traballo a maiores. O tute compensará en outubro cando me marche a Bos Aires. Xa estou mirando as guías para apuntar todo o que quero ver. Menos mal que terei un bo ciccerone por terras porteñas. A onde agardo poder ir e a Montevideo (despois das verbas de Benedetti quen non quere ir ata aló?).

2 Comments:

Anonymous Anônimo said...

"Quen sabe se o novo goberno poderá botar unha manciña no tema traballo e podemos face-las maletas cedo."

Xa podes esperar sentada...

Saúdos.

3:11 PM  
Blogger Iria said...

Se hai unha cousa que me gusta da túa forma de ser é o teu optimismo... Eso de ver o vaso xa non meio cheo senón rebosante ten que ser moi compricado non???
Sentada non esperarei, eso xa o sabes.
E a maleta está a espera de que se cumpra o que dixo Touri: "Aumentaremos o número
de médicos e enfermeiras..."
Menos mal que a paciencia é un dos meus fortes...
Bicos

4:14 PM  

Postar um comentário

<< Home