Xa teño os billetes!!
Así que ó final marcho a Bos Aires do 20 de setembro ó 4 de outubro. E logo o 5 volta ó aeroporto para iren á Coruña. (Primi, estarei do 5 ó 10, a ver se podemos facer por vernos...) Qué ganiñas que teño de que pasen estes días... Máis ou menos un mes que me queda para verte cabra!!! Entre preparativos e tal se me pasará voando...
Ademáis agora tocará currar duro, para recuperar os días da viaxe. A vindeira semán farei 6 noites seguidas, uf que palo só de pensalo! Pero bueno, despois dese tute marcho a finde do 27 a Andorra con F. Unha finde en Caldea para desestresarse, olvidarse do hospital e desfrutar do país veciño.
O 15 de setembro actúa Carlos Chaouen en Bcn, agardo poder velo! Na web di que é na Boite pero di V. que na web de ahí non aparece. A ver se me entero...
Onte baixei co maridito (despois de pasar toda a tarde no IKEA para decatarnos que se esgotara a maldita estantería...) que quedaramos con F., M., B., V., P. e I. na Ovella Negra de Poble Nou. Marchamos dalí cedo pero a noite foi laaaaaarga. Longas noites estas nas que o espertador non sona cando ten que facelo...
Dentro dun ratiño baixarei para ir ó cine a ver "Charlie y la fábrica de chocolate". Dame un pouco de medo porque teño o libro de Roald Dahl coma un dos meus clásicos dende nena. (Aínda recordo o fans que eramos I. e máis eu do escritor, incluso o que choramos o día que morreu...). Xa vira a primeira adaptación do libro feita en 1971 con Gene Wilder coma protagonista. Que agora a fagan Tim Burton e Jonnhy Deep (ummmmm....) xa é unha tranquilidade. A ver, agardo que non me defrauden.
0 Comments:
Postar um comentário
<< Home