A vida é puro teatro...
Hai que ver o rápido que pasan os días libres, sobre todo cando son entre semán, foron vistos e non vistos... E agora toca outra vez pasa-la finde encerrada no hospital. Estou desexando que chegue a vindeira semá!
O mércores devolvínlle os pantalóns a A. e tomamos un xelado na heladería italiana da praza que hai abaixo de Verdi en Gràcia e logo fomos á terraciña da praza da Virreina, onde estabamos ó carón de el Mono Loco & friend.
E onte a primera hora da tarde fun con V. a ver o piso de C. A verdade que lle quedou cusquiño comparado como estaba. Ahora ben, a de dineiro que tivo que meter ahí... Seguro que lle saía máis a conta comprar un novo (e con ascensor!!). Logo achegámonos o HyM no Passeig de Gràcia (un HyM light por favor!! ) pero tampoco é que fixeramonos moita compra, dúas tonterías. Ah!! Por fin falei con A. Todo moi ben por Santiago, o que daría por poder quedar con ela e tomar un capuccino longo naquel café do casco vello e falar e falar. Despois de todo unha non "se lanza á piscina" tódolos días, verdade A.? Quén ía a dicir que a expresión tardaría 5 anos en ter validez...
A noite se presentaba interesante no Llantiol cun espectáculo variado de mimo, clown, música... e rematou sendo unha "revisión" de éxitos tradicionais rusos a cargo de un trío un tanto especial. Dende logo, tiñan que grabar as nosas caras... Está visto que o do teatro non vai con F., ou non chega á hora, ou lle toca ver un bodrio... A próxima haberá que ir a un concerto ou algo así a ver se hai máis sorte...
1 Comments:
Great work!
[url=http://oquhqmca.com/lena/cjuz.html]My homepage[/url] | [url=http://mqdeolfs.com/xdic/hgit.html]Cool site[/url]
Postar um comentário
<< Home