Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Morriña

domingo, agosto 14, 2005

Morriña


Hai un momento, tumbada na cama, pechei os ollos e de súpeto fun teletransportada a Reboredo. Aparecín naquela rocha onde gostaba de pasa-lo tempo, escoitando o son do río a discorrer entre o val e o balanceo das árbores. Por aló andan os pais pasando a ponte. Quen puidera...