Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Quero durmir

terça-feira, agosto 09, 2005

Quero durmir

Namentras as compañeiras miran webs de campings pola costa brava e eu repaso as páxinas dos paradores (que chulo o de Aiguablava!!! Eu queroooooo...) e os hoteis de Andorra van pasando as horas e a noite vai acortándose. Xa vai sendo hora tamén, é a cuarta noite seguida de 12 horas e o corpo comeza a estar cansadiño.
Mañá a tarde quedei con F. para iren ó Parc del Laberint en Horta pero acabo de ver agora que pecha ás 18 h. así que haberá que cambia-los plans. Pois nada, iremos a ve-lo Park Güell entón e logo subiremos ó Tibidabo que é moi chulo ver atardecer dende alí. A ver se mañá me lembro de enviarlle un sms a F. para avisalo do cambio!
Hoxe foi un día de recordos sensoriais. Espertei con ganas de escoitar a Jon Secada, facía anos que non poñía o CD enteiro, todas esas cancións empalagosas. Aínda non sei como podía soportar escoitar a de Angel unha e outra vez (boa culpa delo o tiña aquel Ángel...).
Logo no metro, cando ía lendo "Ensayo sobre la ceguera" de Saramago de súpeto lembreime dun conto daquela colección de libros pequeniños que tanto me gustaban de nena. Se ata podo ver os debuxos do libriño!! "El niño que tenía dos ojos" se chamaba e mira por donde aquí o atopei de novo...