Esta web apoia a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués Turno de noite: Chove

terça-feira, agosto 02, 2005

Chove


Por fin chove en Barcelona! Xa tiña eu ganas de que caera unha boa... Qué pena estar no hospital en contas de estaren na camiña escoitando as gotas petar na fiestra.
Dende que estou aquí cada vez que chove sonan na miña cabeciña as voces de Rosa e Ismael cantando Chove en Santiago. Eso sí é choiva!

Madrigal á cibdá de Santiago. Federico García Lorca
Chove en Santiago
meu doce amor
camelia branca do ar
brila entebrecida ao sol.
Chove en Santiago
na noite escura.
Herbas de prata e sono
cobren a valeira lúa.
Olla a choiva pola rúa
laio de pedra e cristal.
Olla no vento esvaido
soma e cinza do teu mar.
Soma e cinza do teu mar
Santiago, lonxe do sol;
agoa da mañan anterga
trema no meu corazón.